Fervenza do Val do Pacín e Pozo Caído

Roteiro de preto de 20km que parte da praia fluvial do Río Pacín, a uns minutos de Entrimo, Ourense.
Perfectamente sinalizada, limpa, con camiños na súa maioría anchos, de terra e fáciles de andar.
Pasa polas pozas dos Cirolos, o Castro da Pía da Moura, o Castelo da Pía da Moura, a Capela de San Bieito, as aldeas de Queguas e Venceáns e por último o Pozo Caído.
Ten varias zonas nas que refrescarse se fai calor e o Pozo Caído ten un merendoiro propio cunhas vistas espectaculares.
En caso de non querer ou poder camiñar, aparcando na praia fluvial do Río Pacín, pódese chegar a pé ao Pozo Caído en tan só 1,2km moi levadeiros. E se o que se quere é ampliar a camiñata, pódese enganchar en Queguas outra ruta engadindo uns 8km a esta.
Recoméndovola na primavera pola paleta de cores tan impresionante dos nosos montes e para poder poñer os pés a remollo. 😎❤

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *