Este río, coñecido sobre todo pola súa fermosa desembocadura en Vila Praia de Âncora, ten sen lugar a dúbidas moito máis que ofrecer.
O seu nacemento ubícase na Serra de Arga e os seus 21 quilómetros de lonxitude déixannos un espectáculo de pozas e fervenzas. Entre Montaria e Amonde destacan o Pozo Negro e a fervenza do Pincho, que forma parte da sucesión de fervenzas da Ferida Má.
Tamén podemos ver varios muíños e algunhas pontes, coma a de Tourim, nun traxecto circular a pé duns 10 quilómetros de lonxitude. Ideal para días de calor xa que a maioría da camiñata é baixo a sombra de altas árbores e os lugares onde darse un baño ou refrescarse son múltiples. Tamén hai varias zonas acondicionadas para repoñer forzas.



















