Fonte Campilho. Quinta do Revolar. Vidago. Portugal.

Esta fonte de auga mineral, ubicada nun amplo e profundo val de orixe tectónico, foi descuberta xa no ano 1882, aínda que non foi ata o 1895 cando comezou a ser explotada. Conta nas súas inmediacións cun palacete desa mesma época que alberga o taller de embotellado orixinal das augas. Aínda podemos ver utensilios e ferramentas dese momento e deixar voar a imaxinación tentando achegarnos a como sería un día normal aló por volta de 1900 e pouco.
Actualmente pódese visitar tanto a actual planta de embotellado coma a antiga fábrica. Están unha ao carón da outra. Espero que vos guste. A min sen dúbida algunha encantoume!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *