Xa fai algún tempo que me acheguei a coñecer os denominados pobos promiscuos. Aqueles que fai anos estaban divididos por unha liña fronteiriza que os atravesaba ata que, co Tratado de Lisboa de 1864, pasaron a pertencer integramente a Portugal.
Cando compartín as imaxes con vós, fostes varios os que me recomendastes achegarme ás aldeas de Santo André e de Gralhas. Aínda non tiven tempo de visitalas con calma, pero recoñezo que me puido a intriga un día que pasei perto e mirade que xoia me atopei! 
Espero que vos guste! 








