Esta fortaleza é unha das mellor conservadas e máis antigas da provincia de Lugo. Aínda que se remonta ao século XIII, o edificio actual é o resultado da súa reconstrucción nos séculos XVI e XVII, despois de ser derribada nas revoltas irmandiñas. A capela situada a súa beira data do século XVIII e conta cun retablo do XIX.
Pertencente na actualidade á Deputación Provincial de Lugo, acolle no seu interior un interesante museo histórico e etnográfico. Así, na planta baixa, formada por patio, cortes e bodega, conta con unha colección de útiles agrícolas, obxetos de equitación e ferramentas para o traballo da la e do liño. Na planta primeira podemos apreciar obxetos artísticos, mobles e utensilios domésticos. E dende a derradeira planta, onde unha cheminea impresionante vos deixará embelesados, pódese acceder á torre e contemplar todo o entorno.
A visita é gratuíta e sen dúbida algunha paga a pena! Encantaravos! 

