Xa vos falei en outra ocasión da Igrexa de San Xes de Francelos, da que vos adxunto de todos xeitos a información sobre a mesma coas demáis fotografías para aqueles que non a vistes. Pero, nesta ocasión, vouvos amosar o fermoso bosque que rodea este lugar.
Saíndo de Francelos, e dirixíndonos cara o río do Outeiro chegaremos ao Pociño de Francelos, un lugar realmente fermoso no que en días de calor dan ganas de refrescarse sen pensalo dúas veces. Tamén conta cun muíño nas súas inmediacións. Pero o máis sorprendente veu unha vez me adentrei en pleno bosque. Uns penedos xigantes, un verde impresionante, altas árbores que cubrían totalmente o ceo. Escaleiriñas, canles, pequenos saltos de auga… 


É ben certo que cada recuncho de Galicia ten o seu encanto e moitas veces hai que perderse para atopar estes lugares de ensoño. Se queredes visitalo podedes orientarvos co google maps no que aparece o Pociño de Francelos e tamén a “Pedra da Visera”. Non hai un camiño coma tal pero o monte está moi limpo, é doado chegar e o que custa é marchar.
Estou segura de que vos encantará! 



















