A Mata de Palheiros- Albergaria, ubicada na zona central do Parque Nacional Peneda-Gerês e única carballeira madura de carballo alvariño en Portugal, é atravesada por un anaco da vía XVIII do Itinerario de Antonino.
Trátase dunha estrada militar romana construída a finais do século I d.C. que comunicaba as cidades de Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga). Cada milla (uns 1000 pasos ou 1485 metros) era marcada con varios miliarios.
Este anaco denominado Geira está considerado Monumento Nacional e na Porta do Campo do Gerês pode ser visitado o museo da Geira para ser conscientes da grande importancia desta vía romana.
O percurso lineal ten pouco máis de 8km, o dobre se se fai ida e volta. Carece de dificultade xa que os camiños son na súa maioría moi bos, excepto algún pequeno tramo de pedras que con choiva podería resultar esvaradío. O desnivel é mínimo e case na súa totalidade hai sombra o que o fai perfecto para días calurosos. Iso e o feito de ter acceso a múltiples pozas de augas transparentes que o río Homem nos deixa ao seu paso 
.
Todo o camiño está ben sinalizado, limpo e hai onde repoñer forzas tanto no inicio en Portela do Home coma en Campo do Gerês.

























