E continuamos o noso camiño partindo esta vez de Fafião cara Cabril a través de pouco máis de 9km contando o desvío opcional, pero obrigatorio
, ata a fervenza de Pincães. A duración estimada para este traxecto é dunhas tres horas e media.
Comezamos practicamente subindo ata o quilómetro tres, deixando a nosa dereita a alvariza da Roca do Touro (Silha dos Ursos en Portugal) e a impresionante roca das Cabreiras. A subida non é dificultosa nin demasiado esixente.
A partir de aquí xa case todo é descenso, un descenso que salvo algúns metros concretos tampouco reviste complicación algunha.
Atravesaremos o río Pincães e achegarémonos si ou si, repito, obrigatoriamente

, ata a espectacular fervenza de Pincães. É un lugar idílico no que darse un baño nos días de máis calor
. Acompañaranos durante un tempo unha canalización de auga que alimentaba, entre outras cousas, un muíño que deixaremos durante a baixada a man dereita.
Pasaremos a aldea de Pincães, a súa capela e a súa carballeira chegando en nada ata o encoro de Salamonde formado polas augas do río Cabril e á aldea de Cabril.
Aquí podedes repoñer forzas e abastecervos e tamén hai servizo de taxi dispoñible para a volta. Coma sempre, etapa perfectamente sinalizada e limpa
.



















