Con 11km de lonxitude lineal e un tempo de execución estimado dunhas catro horas, este percurso parte da aldea de Sirvozelo, situada entre grandes bloques de granito, algúns dos cales chegaron a formar parte das propias vivendas.
O camiño pronto nos deixará na presa de Paradela que nos ofrece unha fermosa panorámica da auga cun fondo de impoñentes montañas. E en nada chegamos á aldea de Paradela, onde se instalaron os traballadores da presa durante a súa construcción.
E disfrutando do mosaico agroforestal que o camiño nos ofrece, avanzamos ata Loivos, Fiães do Rio e atravesando o río Cávado ascendemos ata o punto máis alto deste roteiro, Paredes do Río.
Aquí podedes coller aire e contemplar as vistas sabendo que se rematou o duro
. O que resta é unha baixada moi levadeira ata a aldea de Outeiro, da que xa vos falei onte. Pero para aquel que se perdera a reportaxe anterior, imprescindible adentrarse polas rúas do pobo disfrutando da súa arquitectura tradicional e das súas engaiolantes vistas así coma unha visitiña á igrexa matriz, que conta cun campanario pouco común
.
Tamén aproveitei para confirmar que o can guía turístico local que me acompañou onte chegará á casa san e salvo e así foi
. Xa estaba preparado para a seguinte!













