E se onte quedabamos nesta fermosa aldea de Castro Laboreiro, a cal vos recomendaba visitar a fondo, hoxe ímonos co conto cara Lamas de Mouro a través dun sendeiro duns 7km de lonxitude e de maior dificultade que o anterior.
Atravesaremos a Ponte das Veigas e a área de lecer co mesmo nome, un fermoso bosque de bidueiros e unha turbeira para chegar á Porta de Lamas de Mouro. Se tedes sorte, uns cabaliños cos seus poldros e unhas vaquiñas estarán a esperarvos. Non dubidedes en achegarvos ata o pobo e coñecer a súa igrexa e forno dignos de unha visitiña
.
Ao igual que a etapa primeira, a sinalización é excelente e o camiño está en perfecto estado. Ten unha subidiña e unha baixada importante ao final, pero nada que non sexa viable con tempo, coidado e paciencia.
Tamén hai servizo de taxi dispoñible para a volta.
Disfrutádea! 















