O último día deixábavos en Lamas de Mouro cos cabaliños e hoxe imos partir de aquí pero lembrade, despois de achegarnos a botarlle un ollo ao pobo por iniciativa propia
.
Este tramo, de 8,2km de lonxitude, vai acompañando ao río na maior parte do tempo, atravesando zonas sombrías e cunha densa vexetación. Especialmente fermosa a calzada da Portela do Lagarto, camiño antigo que unía Lamas de Mouro (do municipio de Melgaço) coa Peneda (do municipio de Arcos de Valdevez).
A Peneda, con ese impresionante Santuario, eses penedos xigantes que a dominan e a caída de auga, impactoume especialmente a primeira vez que alí estiven. Hai varios roteiros que parten de alí e son todos espectaculares.
Tamén hai taxi dispoñible para voltar neste tramo e tanto en Lamas de Mouro como na Peneda hai lugares para refrescarse e repoñer forzas aínda que esta etapa do roteiro é doada de realizar.
Espero que o disfrutedes! 




















