A última vez deixábavos no Santuario da Peneda, dende onde hoxe arrancamos camiño á Capela do Nosso Senhor da Paz, en Adrão. Para iso andaremos pouco máis de 10 quilómetros nos que teremos baixadas e subidas considerables. Durante os quilómetros seis, sete e oito ascenderemos case 400 metros de altura sen compaixón ningunha
. Iso si, disfrutaremos dunhas vistas impresionantes durante parte do ascenso
.
Ao longo deste percurso acompañaremos ao río Peneda e atravesaremos o río Pomba. Pasaremos por fermosas aldeas como Beleiral, onde un “cão muito fofinho” se ofreceu a acompañarnos toda a ruta. Disfrutaremos das vistas dende o miradoiro do Tibo, e atravesaremos o pintoresco pobo de Adrão ata chegar á capela.
As vaquiñas do Gerês serán as nosas compañeiras de roteiro, sairannos ao paso onde menos as contemos e con sorte poderedes ver algún becerriño de días.
O camiño conta con zonas de sol e sombra e varios puntos nos que refrescarse. Na Peneda poderedes mercar algo para repoñer forzas durante a camiñata ou tomar un cafeciño antes de comezar.
Desexo que a disfrutedes! 



















