Se fai uns días vos deixaba unha serie de suxerencias para refrescarvos no Peneda-Gerês, hoxe volto á carga cunha proposta máis ambiciosa. Esta gran ruta ten nada menos que uns 190 quilómetros de lonxitude, divididos en 19 etapas, que nos levan a descubrir infinitos tesouros agochados neste engaiolante parque nacional.
Un incalculable patrimonio etnográfico, aldeas con encanto, pozas idílicas, paisaxes de soño e camiños cargadiños de historia serán os nosos compañeiros de travesía. Dende Ameijoeira a Tourém, con parada en Castro Laboreiro, Lamas de Mouro, Peneda, Adrão, Mezio, Soajo, Lindoso, Ermida, Germil, Brufe, Cabril, Caldas do Gerês, Ermida, Fafião, Cabril, Sirvozelo e Outeiro, chega a Galicia onde se continúa coa Gran Ruta Transfronteiriza, que pecha este círculo cuns 120 quilómetros máis a través do Parque Natural Baixa Limia- Serra do Xurés.
Déixovos unhas fotiños dos recunchos con máis encanto da parte portuguesa á espera de que vos gusten! Vai unha de cada etapa! 

