Esta vez o roteiro comeza en Pitões das Júnias, fermosa aldea situada nun enclave único e da que vos falarei un pouco máis polo miúdo cando vos comente a etapa anterior. Aquí recoméndovos encarecidamente tomar un bo almorzo para coller forzas na Padaria Pitões 

, onde tamén podedes facer uns bos amigos caninos 

.
O percurso son uns 12,5km lineais sen grande dificultade. A maioría do mesmo, transcorre por pistas boas e de sacada a primeira parte, o resto é practicamente todo baixada 
. Como toda a GR 50, está perfectamente sinalizada e limpa.
Atravesaremos a aldea de Pitões adentrándonos nun fermoso mosaico de lameiros onde vaquiñas dun tamaño considerable pero moi amigables (aquí non atopei cachenas), nos darán a benvida.
E coma quen non quere a cousa, coa paisaxe das Gralheiras primeiro e despois do encoro de Salas ao lonxe, pasiño a pasiño chegamos a Tourém. Paga a pena pararse a ver a súa Igrexa e tamén é un imprescindible o forno do pobo. Unha auténtica xoia que, como moitas das súas casas, son un claro exemplo da arquitectura tradicional deste país
.
Espero que vos guste! 



















