Gran Ruta Transfronteiriza Gerês-Xurés. Etapa 2. De Maus de Salas a Salgueiro. Curiosidades

Curiosidades.
Aínda que xa vos describín de xeito xenérico esta etapa fai uns días, e vos falei máis especificamente da aldea abandonada de Salgueiro tamén recentemente, hoxe vouvos comentar as cousas curiosas que me chamaron a atención neste percorrido.
Un dos primeiros puntos de interese que atopamos, é unha antiga canteira reconvertida en lagoa. Pois ben, esta canteira proporcionou a pedra que se empregou para a construcción da presa do encoro de Salas, que se completou no ano 1971, contando cunha altura máxima de 50 metros e 1005 metros de lonxitude total na coroación.
Un pouco máis adiante, o que resta do Dolmen da Veiga de Maus de Salas, xa que foi profundamente alterado durante a construcción do encoro por unha máquina. E por iso foi trasladada a Casiña da Moura ao emprazamento actual, para evitar que correra a mesma sorte. Ambos son enterramentos característicos do Megalitismo Pleno e existen máis construccións megalíticas e dólmens na zona.
O río Salas, ao que acompañamos no seu percorrido un tempo, ten un curso de 35km e nace na vertente norte da Serra do Larouco, do Concello de Baltar. Atravesa o territorio do antigo Couto Mixto e o extremo norte da Freguesía de Tourém, desembocando no Limia á altura de Lobios, aínda en terras galegas.
E o Rego de Salgueiro nace a máis de 1000 metros de altitude e baixa precisamente ata o río Salas, a uns 700 metros, en tan só catro quilómetros! O seu caudal é moi variable e esa era a razón pola que os veciños de Salgueiro só podían usar o seu muíño no inverno.
E con isto e un biscoito, non sei se será ás oito, pero voltamos mañá! 🥧❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *