Gran ruta transfronteiriza Gerês- Xurés. Galicia.

Se onte vos deixaba cunhas fotiños da GR 50, que atravesa o maxestuoso parque nacional portugués, hoxe vouvos falar da parte galega que pecha o círculo ao longo do fermoso parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Cuns 120 quilómetros de lonxitude, este percorrido dividido en 6 etapas vai dende Tourém a Maus de Salas, de ahí a Salgueiro, Lobios, Lobeira, Entrimo e remata en Ameixoeira uníndose coa GR50 de novo. Ao igual que na parte portuguesa, destacan alén das impresionantes paisaxes, as aldeas tradicionais cun valioso patrimonio tanto material coma inmaterial, camiños que foron percorridos millares de veces e nos que o contrabando era unha práctica habitual nos lugares fronteirizos, así coma costumes e tradicións que se manteñen ao longo do tempo.
Aquí vos deixo unhas mostras das diferentes etapas á espera de que alguén se anime! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *