Gran Ruta Transfronteiriza Gerês-Xurés

Cun percorrido circular que alcanza os case 300 quilómetros de lonxitude, esta Gran Ruta atravesa as terras da Reserva Transfronteiriza Gerês-Xurés.
Fai pouco acompañástesme durante a GR-50, a parte deste percurso que decorre polo Parque Nacional Peneda-Gerês, en terras lusas, dende Ameijoeira ata Tourém. Xuntos atravesamos os montes de Castro Laboreiro, as serras de Peneda, Soajo, a serra Amarela e Gerês. Durante as súas 19 etapas e 190 quilómetros, mergullámonos na cultura desta zona, no seu estilo de vida e no seu valioso patrimonio da man de paisaxes realmente espectaculares. Unha experiencia única ❤️!
Pois ben, chegou o momento agora de pechar o círculo coa parte galega. Con pouco máis de 100km de lonxitude, este tramo está dividido en seis etapas:
– Etapa 1: de Tourém a Maus de Salas
– Etapa 2: de Maus de Salas a Salgueiro
– Etapa 3: de Salgueiro a Lobios
– Etapa 4: de Lobios a Lobeira
– Etapa 5: de Lobeira a Entrimo
– Etapa 6: de Entrimo a Ameijoeira
Vouvos deixar algunhas das miñas fotos favoritas da GR-50 para que vaiades facendo memoria antes de sorprendervos coas novas etapas! Conto con vós para esta nova aventura, non? 🧐🤗🥰❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *