Guimarães. Portugal

Hoxe tocou visita aos nosos irmáns portugueses en Guimarães. É un deses sitios aos que nunca me canso de ir e nos que de cada vez descubro algo novo. E o descubrimento de hoxe foi a zona de Couros e as súas curtidorías.
Guimarães conta con numerosos e variados atractivos. Son de visita obrigada o Castelo e o Palacio dos duques de Braganza e a Igrexa de San Miguel do Castelo. Aínda que teñen un custo en total de seis euros paga a pena velos.
Tamén a Igrexa de Nossa Senhora da Consolação e Santos Passos, o Largo do Toural, o Largo da Misericordia e o da Oliveira, coa súa espectacular igrexa.
Tamén a praza de São Tiago, a encantadora rúa Santa María, a antiga Cámara Municipal e o convento de Santa Clara.
E xa na cima, e tamén un imprescindible, o Santuario e monte da Penha. Se o día está despexado a panorámica de Guimarães dende aquí é impresionante, e non menos impresionantes son os seus penedos 🤩😍. Podedes subir en coche, teleférico ou a pé a través dun roteiro perfectamente sinalizado.
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *