Hórreo de Araño. Concello de Rianxo

Fai pouco falábavos noutra entrada dos canastros máis grandes de Galicia e mencionábavos este que, pese a ser o máis longo da nosa terra e tamén o de maior capacidade, non é dos máis coñecidos, pois non dispón de pés coma os seus competidores.
Isto non quere dicir que sexa menos ca os demáis pois esta tipoloxía de hórreo está recollida igualmente dentro da arquitectura tradicional galega 😁.
A súa construcción data do século XVII sendo tamén un dos máis antigos. Ubicado ao carón dun conxunto formado pola Igrexa de Santa Baia de Araño (cun peculiar reloxo de sol), a casa reitoral, as ruínas dun vello pombar e un cruceiro, conta cunha lonxitude de 37,05 metros, unha anchura de 2,40 metros e unha altura de case 2,70 metros. Vaia, que moito floco de millo tiñan que comer na zona 🍿🍿🍿🤣.
Paga a pena achegarse a ver o conxunto! 🤗

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *