Hoxe vai unha de refráns. A temática? A neve!

Espero polos vosos e a ver se vos animades e compartides algunha fotiño da vosa zona se nevou, e senón tamén 🤪.
Temos o de… “polo San Blas, a neve verás”. Pero como se me adiantou un pouco o temporal para este refrán, penso que me vou decantar polo de “Santa Lucía, neve na pía. Se non é ese, será outro día”. Así xa vou ao seguro 🤣🤣🤣. Quédame mágoa que a unha semana máis que tardara a neve xa podía empregar o de “a neve de febreiro derrétea unha vella cun peido” 🤭.
Espero que vos gusten! Agora tócavos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *