Igrexa de San Bartolomeu de Eiras e Capela da Madalena. Galicia.

Ahí vos van algunhas curiosidades sobre a igrexa de San Bartolomeu…
– Sabíades que esta parroquia era coñecida durante a Idade Media como Axeyra, nome do que derivou o actual?
– Que a igrexa primitiva estaba preto do Miño pero foi trasladada a este lugar debido ás continuas enchentes do río?
– Que a actual foi edificada no ano 1791 cun estilo manuelino tardío que ten a ver coa súa proximidade cos nosos irmáns portugueses? De feito, os mestres construtores da mesma dos que temos constancia son veciños de Portugal e de A Guarda.
– Que conta nas súas inmediacións con tres cruces que constitúen o calvario e que, ao igual que todos os demais calvarios se compón de 14 estacións?
– Ah! E tamén cun peto de ánimas que se estima que sexa de finais do século XVIII e construído por un canteiro portugués!
E un pouquiño máis arriba desta igrexa atoparemos a Capela da Madalena, rodeada de maxestuosas sobreiras e cunhas impresionantes vistas da contorna. Parece ser que a súa ubicación se corresponde coa dun posible castro, sin descartarse tampouco a existencia dunha antiga fortaleza medieval, debido ao seu singular emprazamento.
Xa sabedes, visitiña obrigatoria se estades pola zona! Na estrada Tui-A Guarda PO-552 que pasa un pouco máis enriba podedes ver tamén un cruceiro-miradoiro cunhas maravillosas vistas cara o val do Rosal, o Miño e o monte de Santa Trega. Espero que vos guste! 😍

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *