A igrexa, de estilo barroco e emprazada sobre unha antiga igrexa románica, conta na súa fachada coa imaxe de San Martiño.
Ao carón desta construcción podemos ver a casa reitoral que data do século XVIII e que pese ao estado actual, como a maioría de casa reitorais hoxe en día, deixa máis que patente a súa beleza. Destacan especialmente unha escalinata con unha impresionante balaustrada de pedra que da acceso á pranta alta da casa con solaina. Salta á vista unha gran chimenea e os pináculos con bolardos da fachada.
No aparcamento, podemos atopar un chamativo cruceiro con pousadoiro. Aparece indicado o punto de partida do Sendeiro de Borela PR-G 257, circular e de nove quilómetros escasos de lonxitude. E non moi lonxe, atopamos a ponte medieval de Borela, dun só arco e sobre o río Almofrei.
Un conxunto no seu total que paga a pena visitar. Mágoa o estado no que se atopa a casa reitoral
!










