Igrexa de San Martiño de Cameixa. Senda de Boborás PR-G 77. Galicia.

As primeiras novas que hai sobre Cameixa datan do ano 1155, se ben se pensa que xa podía facerse referencia a este lugar noutro documento do ano 931. Esta parroquia foi priorato dependente de Oseira e contaba coa súa correspondente granxa. Tamén tivo posesións nesta feligresía o Cabildo de Ourense, o mosteiro de Aciveiro e o convento de Codeseda.
A súa igrexa data do século XII e conta cun estilo románico que conseguiu manterse con escasas modificacións ao longo da súa historia. Conserva un fermoso reloxo de sol e unha cruz de Malta. Nunha reforma levada a cabo no 1863, atopáronse elementos que fan pensar que xa podería haber un templo anterior no mesmo lugar do ano 600 d.C.
A Senda de Boborás é lineal, de 16,5 quilómetros de lonxitude só a ida, pero lembrade que tedes a opción circular que percorre unha parte desta e outra da senda do Arenteiro no meu perfil do Wikiloc e do Sports Tracker. Espero que vos guste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *