Igrexa de San Salvador de Manín. Lugar de Compostela. Concello de Lobios

Podemos dicir desta igrexa que xa viu máis mundo do que a maioría de igrexas, e é que historia non lle falta.
Este templo foi construído inicialmente en Manín, no ano 1764 segundo reza unha inscripción que se aprecia na mesma. De feito, aínda se pode ver no google maps a súa ubicación orixinal na que hoxe en día só queda monte.
Pouco tardou en ser trasladada pedra a pedra por primeira vez en 1769 para a aldea de Aceredo, actualmente asolagada polas augas do encoro de Lindoso. De ahí a súa segunda viaxe no ano 1992, coa posta en marcha deste encoro. Foi así como rematou nas inmediacións da aldea de Compostela, nun lugar alto e cunhas fermosas vistas.
Constitúe unha importante obra da arquitectura barroca da comarca. A pranta da igrexa é de cruz latina e conta cunha torre integrada na fachada aos pés do templo, cun arco de triunfo sustentado por columnas. Garda certa similitude coa igrexa de San Miguel de Lobios, xa que ambas foron mandadas construír polo abade Don Manuel de la Llana.
Aproveito a ocasión para compartir tamén unhas fotos da aldea de Aceredo a última vez que a vin tan ao descuberto (fai dous anos).
Espero que vos guste! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *