Hoxe vouvos presentar esta xoia a aqueles que non a coñezades aínda. En 1156 documéntase a Igrexa de Santa María de Francelis que, dende o século XV se adicou a Santa María, pero que posteriormente cambiou a San Xes.
Debido á incerta orixe desta construcción, foron numerosas as investigacións que se levaron a cabo na procura de respostas.
No ano 1985 foi descuberta unha necrópole altomedieval que excede en amplitude a planta actual da capela. E no ano 2017 outro estudo revelou a conservación de parte dos alzados dun edificio dos séculos IX-X na zona sur, leste e norte da capela actual.
A única peza decorada in situ que se sabe que pertenceu ao edificio orixinal é a xanela saetera do muro sur ornamentada cun sogueado, o que coloca á Igrexa de Francelos na pista da chamada arte prerrománica asturiana.









