Igrexa de Santa Comba de Bande. Camiño Natural de San Rosendo e Vía Nova

Cando falamos da igrexa de Santa Comba de Bande, estamos a referirnos a un templo visigodo da segunda metade do século VIII. Perfectamente conservada e sen grandes modificacións respecto ao seu deseño orixinal, a igrexa, inscrita nun rectángulo de 12 por 18 metros, ten forma de cruz grega á que se engaden un ábside e un pórtico practicamente simétricos.
Para poder visitala, polo menos cando eu fun, había que chamar a un teléfono que había indicado na entrada e unha muller moi amable acudía a ensinarcha.
Hai dous roteiros que pasan por ela. Ambos consisten en varias etapas. Un deles é o Camiño Natural de San Rosendo, que parte de Braga para dirixirse a Santiago de Compostela. E o outro roteiro é a Vía Nova que tamén ten comezo en Braga pero que se dirixe cara Astorga. Tanto un coma o outro están en bo estado neste tramo e ben sinalizados aínda que compre ter conta para non cambiar de andaina sen intención de facelo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *