Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño. Concello de Chantada

Esta fin de semana cheguei a esta igrexa cunhas grandes expectativas pero podo dicir, non so que estivo á altura do esperado, senón que o superou con creces. Sen dúbida, a máis coñecida coma a Capela Sixtina Galega, é unha visita obrigada.
Esta igrexa románica foi construída no século XII e todo nela é realmente impresionante. As súas pinturas murais, a súa historia, os seus retablos, o seu rosetón… ❤️
Ao igual que se se tratase dun libro ou unha película, facendo unha excepción, non vos vou contar máis sobre a mesma. Déixolle esa gran honra a Antonio, a persoa que se encarga das visitas guiadas. Seica a estas alturas de ano se fan ás 12 do mediodía, é recomendable chamar previamente por teléfono (699 122 740), son totalmente gratuítas e duran sobre unha hora que se pasa nun suspiro.
Imprescindible!!!🤩

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *