Fai un tempo que vos falei de Portomarín e de como a construción do encoro de Belesar, a finais dos anos 50, anegou casas e até aldeas enteiras baixo as súas augas, como foi o caso deste pobo precisamente que tivo que ser reconstruído a unha maior altura, e que conseguiu gardar algunhas das súas xoias trasladándoas pedra a pedra, coma a igrexa románica de San Xoán.
Pois ben, a de Santiago de Ribas de Miño non correu a mesma sorte. Pertencente ao Páramo e ameazada con quedar somerxida tamén, este templo quedou abandonado na década dos sesenta, malia non chegar finalmente a ser cuberto polas augas do encoro. Alén disto, tamén foi víctima de varios roubos. A día de hoxe, sen unha cuberta que a protexa, podemos apreciar restos do románico na súa portada, catro arcos interiores e varios nichos darredor da mesma. Tamén outras construcións próximas que poden ter pertencido á casa reitoral.
Outro claro exemplo do escaso valor que lle damos ao noso patrimonio, lamentablemente. Ahí vos deixo unhas fotiños para que non quede no esquecemento!

