Igrexa de Santo Estevo de Chouzán

Ubicada en Chouzán, provinicia de Lugo, esta igrexa resulta inaccesible en coche. Pódese aparcar facilmente no pobo e camiñando uns 300 metros máis ou menos por un sendeiro bo chégase ata ela.
Forma parte do Itinerario de Interese Paisaxística de San Fiz de Asma aos Peares e é unha parada obrigatoria en caso de levalo a cabo.
Esta igrexa románica do século XII foi antigo mosteiro das benedictinas e reformada no século XIV.
A actual igrexa, trasladada no ano 1953 a onde se atopa agora mesmo para evitar o seu asolagamento polas augas do encoro dos Peares, non conserva por completo o trazado orixinal xa que era de cruz latina e a actual é de pranta cuadrangular, sen cruceiro e cuns contrafortes engadidos.
Do románico conserva a ábsida, o presbiterio, a pía bautismal e unha boa colección de canzorros. Tamén conserva o retablo maior de estilo renacentista e unhas pinturas murais moi deterioradas polo traslado e recentemente restauradas.
A visita paga a pena xa non só pola Igrexa senón polas fermosas vistas que nos ofrece o pobo e o camiño así como por algunhas casas reflexo da arquitectura tradicional galega que podemos apreciar ao chegar.
Espero que vos guste❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *