Esta xoia datada do século XII é o actual templo parroquial de Santo Estevo. Destacan no seu interior o retablo mor e os retablos relicarios, de 1594 e obra de Juan de Angés, a quen tamén debemos a sillería do coro alto. Nestes últimos consérvanse os restos dos Santos Bispos, e foi onde se atoparon os aneis dos mesmos nun traballo levado a cabo no ano 2020. Xa vos adianto que non foi a única descoberta!
Os demáis retablos son barrocos, así coma tamén a caixa do órgano, na que destaca a súa policromía. Chama especialmente a atención un retablo pétreo, obra única do románico e datado do século XIII. Descubriuse a finais dos anos 50, oculto nunha parede da galería oeste do Claustro Grande, onde os monxes o agocharan antes da desamortización e da súa expulsión. Realmente impresionante!
E como vos dicía antes, no ano 2020 tamén foi posible recuperar unhas pinturas murais de finais do século XV e comezos do XVI, situadas por baixo de varias capas de cal tras os retablos relicarios e a sillería do coro. A sacristía, de 1640, componse por un retablo relicario obra de Francisco Moure fillo, no que se albergan reliquias de Santos.
A súa entrada libre ten un custo de 2€ e non permite o acceso a todo o templo, mentras que a visita guiada, de 5€, sí deixa ver o total do seu esplendor alén de contar cunha maravillosa e documentada explicación. Espero que vos guste! 

