Hoxe preséntovos esta xoia da comarca do Ribeiro, que atopei de casualidade de camiño a outro lugar, pero que non puiden deixar pasar. Datada do ano 1170, como se reflexa na inscrición do seu tímpano, é exemplo perfecto do estilo románico do interior de Galicia, con algúns elementos xa próximos ao gótico.
Sorprenden especialmente a súa portada, cun considerable rosetón calado e unha cruz invicta flordesilada, os curiosos canzorros que a rodean e un baldaquino gótico probablemente do século XV no seu interior.
E se o corpo vos pide camiñar, moi preto tedes o roteiro que ascende a Pena Corneira, lineal e de pouco máis de 8 quilómetros de lonxitude. Déixovos unhas fotiños da igrexa e tamén do roteiro á espera de que vos guste tanto coma a min! 

