Igrexa e Mosteiro de Ferreira de Pallares. Concello de Guntín

O Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pallares foi fundado no ano 909 e mantívose en funcionamento como mosteiro familiar ata o último terzo do século XI. Non obstante, a súa igrexa románica con elementos góticos, actualmente empregada como igrexa parroquial, non foi rematada ata a segunda metade do século XIII.
A torre barroca das campás ao lado norte denota dúas fases constructivas, unha primeira nos dous primeiros corpos da torre e unha segunda fase para o resto. A casa reitoral, ao igual que a maioría de Galicia, atópase en desuso actualmente.
O claustro renacentista é unha construcción posterior ao templo na que se segue a estética dos claustros románicos. Estímase que pertence aos anos centrais do século XVII.
E por último pero non menos importante, a capela panteón dos Taboada, mandada construír a mediados do século XV por Don Álvaro de Taboada. Encostado ao muro sur da igrexa, contén dous espectaculares arcosolios que acubillan dous sepulcros con estatuas xacentes, unha dama e un cabaleiro. Na súa fronte os escudos dos Taboada, dos Camba e dos López de Lemos.
Preto do mosteiro pasa un regato xunto o que se atopa a Fonte do Santo, no que a súa pía é un sepulcro antropomorfo.
Espero que vos guste! 😍😊

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *