Quería compartir con vós o templo de Santa Eulalia de Bóveda, que visitei uns anos atrás e que me resultou realmente sorprendente. Pero resulta que esta pechado por unhas reformas que se están levando a cabo e non sei canto vai demorar a cousa. Así e todo, como boa escabichadora, descubrín polo camiño outra xoia digna de mención.
Polo visto, hai un roteiro circular de 5 quilómetros escasos de lonxitude que aínda non fixen, que pasa polo monumento romano de Santa Eulalia de Bóveda, o Pazo de San Miguel e a igrexa románica de Bacurín, que é a que vos presento aquí. De comezos do século XIII, destacan na mesma a súa porta principal de tres arquivoltas, unha porta lateral con tímpano bilobulado e unha colección de 16 canzorros dignos de ser mirados e remirados! No seu interior, que vos achego con unha fotografía tirada dende a reixa da porta, xa que estaba pechada, hai un retablo barroco dos séculos XVII-XVIII cunha imaxe de San Miguel.
Ahí vos queda a novidade do día á espera de que vos guste!

