Estas vacacións de nadal, paseando por Póvoa de Varzim, atopei unha reliquia moi preto que me era descoñecida.
Esta igrexa foi construída sobre un templo pre-románico do século VIII-IX. No ano 1100, a igrexa e o convento son ofrecidos por doazón do borgoñés conde D. Henrique ao priorado benedictino de La Charité sur Loire, da orde de Cluny. O edificio románico é iniciado gañando maior proxección a mediados do século XII co apoio do rei D. Afonso Henriques e coa tutela dos monxes franceses.
As esculturas dos seus arcos, portais e capiteis non vos deixarán indiferentes.
E por se queredes rematar o día cunha posta de sol inigualable, non dubidedes en achegarvos ata a costa.














