Illa de Ons

Se fai pouco vos recomendava unha visitiña á Illa de Tambo, hoxe vouvos amosar un pouquiño da de Ons, que aínda que totalmente diferente da anterior, ten múltiples e variados atractivos.
Pódese chegar en barco dende Vigo, Bueu, Combarro, Sanxenxo, Portonovo e Pontevedra. Todos eles paran no único porto da Illa de Ons. É preciso reservar con antelación, sobre todo en tempada alta, xa que o aforo está limitado e é precisa unha autorización previa para a súa visita.
Unha vez aló recomendo comezar por un paseo para coñecer a illa e apreciar as súas vistas e principais atractivos. Hai varias rutas de senderismo entre as que escoller, sen dificultade algunha e ben sinalizadas. E como non, rematar con un baño nas augas cristalinas da praia que máis vos gustara!
Existen varios sitios onde comer, tomar algo e repoñer forzas. E tamén un camping e outros lugares onde quedar a durmir.
Esta illa sempre estivo habitada e aínda a día de hoxe ten unha poboación permanente aínda que moi pouco numerosa. Nos anos 40-50 chegaron a contar con case 500 habitantes. A súa despoboación progresiva foi parella ao auxe do turismo.
Encantaravos! ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *