Itinerario de interese paisaxístico dos Peares a San Fiz de Asma

Hoxe déixovos esta proposta que combina á perfección historia e natureza. Son varios os puntos deste itinerario que nos ofrecen unha fermosa panorámica sobre o río Miño. Tamén da fervenza do Fondós, realmente espectacular polo menos nesta altura de ano.
De visita obrigada son a Igrexa de Santa María de Nogueira de Miño, da que vos falei xa nunha entrada anterior, e a de Santo Estevo de Chouzán, que queda pendente dunha entrada propia porque tamén é digna dela.
É un roteiro que se pode levar a cabo con tempo chuvioso xa que se chega en coche practicamente a todos os puntos de interese.
Espero que vos guste! 🤩

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *