Liñares. Nogueira de Ramuín

Hoxe quero compartir con vós esta aldea que descubrín fai uns días. E é que a Ribeira Sacra é moito máis que miradoiros e paisaxes espectaculares. Este mostra da arquitectura tradicional galega é un claro exemplo diso.
Son moitas as aldeas de Galicia nas que co paso do tempo non deixa de descender a cantidade de veciños, ata o punto de contarmos xa cun gran número delas totalmente deshabitadas. As casas van caendo ata quedar soamente restos do que no seu día estivo cheo de vida, de xente traballadora, unida, feliz co que tiñan.
É unha verdadeira mágoa que todas esas lembranzas queden soterradas baixo unhas simples ruínas 😢❤️.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *