Loimil. A Estrada

Para os que nunca escoitastes falar deste lugar, dicir que se trata dunha parroquia pertencente ao concello da Estrada, na provincia de Pontevedra. E que se nos perdeu neste sitio? Pois ben, imos comezar coa súa igrexa, claro exemplo do románico presente na Estrada; a igrexa de Santa María de Loimil da que se di que, xunto con outras próximas, pertenceu en 1115 á belicosa raíña Dona Urraca.
Moi preto desta atopamos a Capela da Saleta así coma o Bañiño de Loimil, fonte mineromedicinal de grande importancia, con augas empregadas para afeccións da pel e enfermidades do fígado.
E un pouco máis afastadas xa, as ruínas do que foi a fábrica de papel de Loimil, levantada a seguir de outra situada na parroquia de Riobó que foi aberta por un fidalgo rural de San Xiao de Arnois nada menos que polo ano 1734.
Como vedes, todo é escabichar un pouco para darnos conta de que cada lugar ten a súa historia, o seu patrimonio e, sen dúbida algunha, o seu encanto! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *