Coma cada ano chegadas estas calurosas datas, déixovos unha selección coa miña colección de lugares favoritos para refrescarse no norte de Portugal. Obviamente, hai moitos máis ca estes, e se cadra até con máis encanto, así que anímovos a que compartades os vosos tamén ou algún outro que coñezades no que podamos desfrutar da paz e tranquilidade que a natureza nos ofrece.
E supoño que será pola idade ou que ao fin me está vindo o sentidiño e certo instinto protector, que me vexo na obriga de advertirvos que teñades precaución cos lumes, que vos aseguredes antes de ir a calquera lado que non hai perigo, xa que algúns destes lugares requiren camiñar un anaco. E precisamente por iso tamén coa calor. Protexerse ben e evitar as horas centrais do día para andar. Admito un “sí, mamá”. Dito isto, espero que vos gusten!
A súa localización por orde de aparición é:
Foto 1. O becho en cuestión no Poço Dola
Foto 2. Cascata Cela Cavalos
Foto 3. Lagoas verdes de Xertelo
Foto 4. Poço da Gola
Foto 5. Poço Dola
Foto 6. Poço Negro de Soajo
Foto 7. Poço Verde do Fafião
Foto 8. Cascata de Pincães
Foto 9. Porto da Laje
Foto 10. Barragem da Caniçada
Foto 11. Poço Azul
Foto 12. Lagoas de Travanca
Foto 13. Poças do rio Adrão. Soajo
Foto 14. Cascata de Fecha de Barjas ou Tahití
Foto 15. Poço das Mantas. Soajo
Nota: para chegar a algúns deles hai que camiñar un pouquiño. Contan coma ruta tamén!

