Se o outro día vos deixaba coas fermosas pozas de auga cristalina da Peneda-Gerês, hoxe achégovos algunhas das miñas favoritas na parte galega. Aos poucos irán caendo máis, porque seleccionar 20 soamente éme imposible.
E a risco de repetirme, dicir que coidado coas altas temperaturas, sobre todo se hai que camiñar para chegar a algunhas delas, protexerse adecuadamente do sol e levar bebida suficiente. A súa ubicación é a seguinte:
1. O becho en cuestión na fervenza de Liñares
2. Pozo das Pombas
3. Val do Pacín
4. As olas do río Mao
5. Río Caldo
6. Fervenza da Cidadela
7. Fervenza do río Barosa
8. Fervenza da Freixa Alta
9. Termas do Muíño da Veiga
10. Fervenza de Augacaída
11. Fervenza de Raxoi
12. Praia Maceira
13. Cavadosa
14. Pozas de Loureza
15. Corga da Fecha
16. Pozo da Seima
17. Pozas de Melón
18. Fervenza de Parrelos
19. Fervenza de Segade
20. Praia Fluvial de Acearrica

