Marcelle Natureza. Concello de Outeiro de Rei. Galicia.

Ubicado á beira do río Miño, nunha paraxe natural idílica, atopamos este centro de rescate no que podemos ver infinidade de especies animais en condicións de “semiliberdade”. A maioría dos seus habitantes proceden de situacións de rescate, centros de recuperación ou de centros zoolóxicos que pecharon as súas portas. Nunca de capturas de animais en liberdade.
De feito, os máis deles non chegaron a saber nunca o que é vivir ceibos, co cal non aprenderon as ferramentas necesarias para sobrevivir nun entorno hostil. Outros teñen lesións que os farían especialmente vulnerables no seu hábitat natural. E algúns deles están en perigo de extinción por diferentes causas. Pero todos atoparon un pouco de tranquilidade e protección en Marcelle.
A visita ao parque ten unha parte libre e outra á que só se pode acceder cunha visita guiada de unha hora de duración, xa que é o lugar onde os animais están “máis libres”. O prezo de adulto é de 15,50 euros e a visita guiada son 4 euros a maiores. Recoméndovos planexar todo con antelación xa que non abundan as visitas guiadas e para min, esta foi a mellor parte do parque.
Ahí vos quedan unhas fotos d@s amiguiñ@s que fixen aló! Espero que vos gusten!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *