Na serra que recibe o mesmo nome e a uns 550 metros de altitude, este fermoso bosque amurallado conta cun valor botánico, histórico e arquitectónico incalculable. Con centos de especies nativas e exóticas entre a súa flora, destaca por teren sido plantadas e coidadas pola Orde dos Carmelitas Descalzos a partir do século XVII, dando lugar a un dos mellores arboretos de Europa.
Entre o seu patrimonio histórico e arquitectónico podemos ver o que se conserva do antigo convento de Santa Cruz e o palacio do Buçaco, edificio de estilo neomanuelino inspirado en obras coma a Torre de Belém ou o Mosteiro dos Jerónimos e actualmente un dos máis fermosos hoteis de luxo. O recinto conta con varias portas históricas, unha monumental escalinata de pedra pola que descende unha fervenza de auga, o miradoiro máis elevado da serra e varias rutas de sendeirismo polas que descubriredes pequenas ermidas dedicadas ao retiro espiritual.
Esta é a miña segunda vez aquí e, ao igual que moitos outros recunchos de Portugal, con certeza que non vai ser a derradeira
. Espero que vos guste!

