Hoxe en día só quedan as ruínas do que no seu día foi unha explotación mineira de gran importancia, sobre todo nos primeiros anos da Segunda Guerra Mundial nos que o wolframio era coñecido coma o “ouro negro”. Este material era imprescindible para a producción de tanques, carros de combate e munición sobre todo.
É unha empresa belga a que adquire os dereitos sobre estes xacementos no ano 1913 e comezan así a extraer o wolframio
. E aínda que o comezo foi prometedor, coa Primeira Guerra Mundial existe un decaemento debido á dificultade da chegada de capital, ás consecuencias da propia guerra e ás condicións metereolóxicas entre outros factores.
É entón cando en 1937, os dereitos sobre as minas pasan aos alemáns, obtendo durante a Segunda Guerra Mundial o seu maior rendemento valéndose para iso do traballo de case cincocentos presos republicanos. Foi coñecida na zona como a mina dos alemáns, xa que era das poucas xestionadas directamente por eles. Tras perder a guerra, estes abandonaron e desmatelaron todas as instalacións.
Pero non queda ahí a historia. En 1954 a Sociedade Anónima Grupo Minero Casayo adquire os xacementos e retoma a actividade pero remata pechando definitivamente no ano 1963.








