Minas e fornos de Vilaoudriz. A Pontenova

A extracción do ferro a comezos do século XX supuxo un importante espertar industrial para o pobo de Vilaoudriz, actual A Pontenova.
En marzo do ano 1900 constituíase en Bilbao a sociedade mineira de Vilaoudriz que sería a que explotaría as minas “Luisa”, “Vieiro”, “Consuelo-Boulloso” e “Eneas”, situadas nas montañas de Vilaoudriz e Boulloso. Combinando a minería a ceo aberto coa de galería obtiñan dous tipos de materiais. O louro, que non precisaba ningún proceso posterior, e o carbonato cloritoso oolítico que necesitaba unha calcinación para poder ser comercializado.
De ahí os fornos que aínda a día de hoxe podemos ver aló, de once metros de altura e catro metros de diámetro. Dende a súa parte superior basculábase o mineral e o carbón en diferentes capas para a súa calcinación.
Durante esta época chegou a haber oito fornos repartidos en Vilaoudriz e Boulloso, lugar este último onde soamente queda un hoxe en día. Hai varios roteiros por esta zona que nos permiten achegarnos un pouco máis á súa historia 🥰.
E preguntarédesvos a onde ía este mineral despois… Parece ser que era transportado por ferrocarril ata Ribadeo, ata un lugar denominado Porto Estreito do que vos falarei con máis profundidade mañá… continuará… 🤣🤣🤣

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *