Miradoiro de Porto D´Olho. Roteiro da Levada de Víbora e Moinhos de Rei. Cabeceiras de Basto. Portugal

Este camiño circular, duns dez quilómetros de lonxitude aproximadamente, ten unha beleza sen igual. Cando o fixen nun primeiro momento, non chegara ata este miradoiro porque os meus peludiños xa non aguantaban tanta distancia, pero fostes varios os que me recomendastes encarecidamente a súa visita e non é sen razón.
E como vedes que tomo nota de todas as vosas suxerencias, hoxe decidín facer unha pequena modificación do percorrido inicial, achegarme ata este punto para contemplar as impresionantes vistas 360º da Serra da Cabreira e voltar por un camiño alternativo.
Como sempre, podedes ver o meu track da ruta na app gratuíta Sports Tracker. Aínda que acostumo seguir os roteiros oficiais, de cando en cando non está mal saír do camiño e ir á aventura, e máis cando se leva un can guía coma o que me acompañou hoxe. Iso sí, custoume unha parte do xantar! 🤣
Espero que vos gusten as fotos de hoxe e comparto o enlace anterior do roteiro para que podades velo con máis detemento e detalle.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *