Miradoiro de Redondela ou Miradoiro do Campo da Rata

Estas fermosas vistas pódense contemplar dende o monte de Trasmañó, no concello de Redondela. Pódese chegar a pé dende a vila dos viaductos se estás preparado para unha subidiña que claramente vai merecer a pena. Senón, tamén é posible chegar en coche até practicamente o miradoiro.
Un veciño da zona decidiu colocar un banquiño de madeira dende o que poder deleitarse con semellante paisaxe. Pódense observar dende as Illas Cíes até a enseada de San Simón coa impoñente ponte de Rande ao fronte.
Un imprescindible da costa galega ❤️

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *