Este miradoiro, inaugurado a finais do ano 2024, ofrécenos unha espectacular panorámica da desembocadura do río Grande, a zona de Ponte do Porto, as vilas mariñeiras de Muxía e Camariñas, así coma toda a súa ría ata perderse no horizonte Atlántico. Río, mar e costa, un tres en un!
Todo iso dende unha ampla plataforma ubicada a 80 metros de altura e bastante chamativa tamén. Ahí vos deixo o resultado! 

