Pois estes, queridiñ@s, sonvos o Merlín (o que está de posando) e o Fénix (o que pasa de todo
). Enteráronse que había en Torre de Moncorvo, Portugal, uns penedos con forma de can. E un r que r que os penedos se parecían máis a el e o outro que non, que eran cuspidiños entre si, e alí os tiven que levar
.
En resumidas contas, que ao chegar arriba non fixeron caso de nadiña, pero que as vistas son preciosas, tanto dende alí coma polo camiño de subida e que vimos por primeira vez un xabarín sinalizado nunha baliza do roteiro
.




