Neste concello tivemos un dos máis famosos e prestixiosos balnearios do mundo, ao que acudían reis, millonarios e as figuras políticas e culturais máis importantes da época. Un lugar que até chegou a acuñar a súa propia moeda.
As augas de Mondariz foron declaradas de utilidade pública xa no ano 1873, nacendo entón o balneario de Mondariz e procedéndose a embotellar e exportar ao mundo as súas augas alcanzando unha fama mundial.
Levantouse un complexo formado por varios edificios. A primeira casa de baños en 1880, o Gran Hotel en 1897, a pranta de embotellamento e un pabellón deseñado por Antonio Palacios. En 1909 comézase a construcción dun sanatorio para artríticos, tamén deseñado por Antonio Palacios, que nunca foi rematado.
O lugar era coma unha pequena cidade que contaba con múltiples servizos e o concello máis pequeno de España. Tivo a súa época dourada a principios do século XX e ao igual que moitos outros balnearios, sufriu un gran revés coa Guerra Civil ao que se sumou en 1973 un incendio que arrasou o Gran Hotel.
Na actualidade o Gran Hotel foi reconstruído e o sanatorio inacabado convertiuse no balneario que vemos hoxe. Aquí vos deixo unhas fotiños do conxunto incluíndo as ruínas que alí se poden atopar aínda.
Espero que vos gusten 





















