Montalegre. Ruta Norte. Portugal.

Para os que me coñecedes xa un pouquiño, non é ningún segredo que non impera a orde nas miñas rutas, ou máis ben unha orde pre-establecida. Así que vou dar inicio a esta experiencia compartindo con vós un pouquiño de Montalegre, lugar do que xa vos falei a conta da sexta feira trece e tamén dalgunha das súas rutas e fervenzas.
Teño que destacar o seu castelo, con máis de 700 anos de historia, e un pozo con máis profundidade do que altura ten a súa torre da homenaxe, que xa ten mérito! Tamén o interesante Ecomuseu de Barroso, visita máis que obrigatoria tanto para coñecer mellor o territorio coma as súas xentes, cultura, crenzas e modo de vida. Conta cun espazo propio adicado ao Padre Fontes. E ao carón destes, a igrexa da Misericordia e un peculiar pelourinho dan pé ás fermosas rúas do casco vello.
E se queredes unha panorámica máis ampla do lugar, achegádevos ata o Miradouro da Corujeira a pé ou en coche.
Espero que vos guste! 🥰

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *